O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a aprobación no vindeiro Consello da Xunta do II Programa galego de muller e ciencia 2016-2020 “para ser unha sociedade mellor, máis igualitaria e cun sector científico forte”.
Durante o acto de entrega do premio María Josefa Wonenburger Planell 2016, Feijóo precisou que, cunha achega de máis de 9 millóns de euros, este plan contará con tres eixes fundamentais. O primeiro deles será un cambio institucional e organizativo co obxectivo de conseguir o compromiso das institucións implicadas no sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación para a integración do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Así mesmo, fomentarase a presenza equilibrada de mulleres e homes, tanto nas distintas áreas de coñecemento como nos postos de responsabilidade e, como terceiro eixe buscarase a integración do principio de igualdade de oportunidades en cada fase da produción, transferencia e aplicación do coñecemento.
https://www.youtube.com/watch?v=tgDLdS9BPkc