Cada ano máis de 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos. Para concienciar á poboación sobre o coidado dos mares, o concello de Ribeira convoca aos veciños mañá na praia de Río Azor nunha xornada de limpeza.
O sábado ás once da mañá será o momento no que a veciñanza que se achegue a Río Azor comezará a recoller o lixo da praia. Da man da concellería de Medio Ambiente, farase tamén en Aguiúncho e Pedra da Igrexa dos Mouros.