A Xunta convoca oposicións para 20 prazas de axentes do servizo de gardacostas de Galicia

Xunta de Galicia vén de convocar oposicións para cubrir 20 prazas de axentes do Servizo de Gardacostas da Administración galega, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe.

Das 20 prazas convocadas, 15 son de de acceso libre –a elas poderá aspirar calquera persoa que cumpra os requisitos- e outras cinco de promoción interna.

As persoas que superen este proceso selectivo pasarán a formar parte da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, no subgrupo C1. Entre os principais requisitos que se esixen para participar nas probas está o dispoñer do permiso de conducir e da libreta marítima, mentres que a titulación mínima requirida é o bacharelato ou ter o título de técnico de ciclo medio de Formación Profesional.

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe os pormenores desta convocatoria, cuxo sistema de selección é o de oposición libre. As persoas interesadas en participar nestas oposicións disporán de 20 días naturais para presentar as súas solicitudes, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no DOG, polo que o prazo rematará o 16 de xaneiro.

https://www.youtube.com/watch?v=yvKQH1nRpDw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.