O fútbol regresa con emoción aos campos da comarca unha fin de semana máis. Haberá diversos pratos fortes encabezados polo derbi que protagonizarán o Valiño e o Unión, dous conxuntos que están a loitar por asentarse nos primeiros postos da táboa. O Puebla, líder do grupo 5, mídese ao Marcón Atlético e o Taragoña ao Marín. Mentres que no grupo 2 a Esteirana quere sumar a costa do San Lorenzo.