Icono del sitio CanalBarbanza.com

A DXT COMEZA DENDE HOXE A CAMPAÑA INTENSIVA DE VIXILANCIA NOS NEUMÁTICOS E LUCES DOS VEHÍCULOS

A meteoroloxía adversa propia do mes de outubro fai que a DXT e a Garda Civil de Tráfico poñan especial interese no estado dos neumáticos e as rodas dos vehículos. Recomendan que nestas datas se circule preferiblemente coa sinalización lumínica acendida.

Dende hoxe e ata o 24 de outubro poderase ver nos paneis de sinalización viaria das estradas de Galicia advertencias destes controis específicos.

Son os encargados de asegurar a adherencia no empuxe, na frenada e no deslizamento lateral. Tamén se encargan de que a dirección do percorrido do vehículo sexa a desexada polo usuario e da amortiguación das imperfeccións do pavimento. É recomendable que a profundidade das ranuras teña como mínimo 3 milímetros. O límite legal é de 1,6 milímetros.

Os talleres mecánicos aseguran que gran parte dos condutores circulan sempre de xeito correcto e cos neumáticos en bo estado.

Salir de la versión móvil