O Concello de Ribeira deu luz verde a unha nova actuación dirixida a mellorar a accesibilidade no cemiterio municipal de Santa Uxía de Riveira.
Os traballos serán levados a cabo pola empresa Río Sieira, S.L., por un importe de 16.562 euros, IVE incluído.
A actuación afonda no obxectivo do Concello de acadar a accesibilidade nos espazos e edificios públicos de titularidade municipal e dá resposta a unha proposición plenaria aprobada hai una ano pola Corporación.
https://www.youtube.com/watch?v=no99KrW_1ic




