O Curro da Praza de Muros acolle dende hoxe o proxecto “Ruando: Memoria de Muros” para recoñecer e homenaxear o papel fundamental das mulleres na historia do concello.
Once mulleres e as súas historias son as protagonistas da mostra. Unha presencia feminina que en Muros xa non é sorpresa. Sinala a alcaldesa que na vila sempre existiu un matriarcado de mulleres que tiveron que tomar o mando aínda presente nos nosos días.