Icono del sitio CanalBarbanza.com

UNHA PERSOA RESULTA FERIDA NUNHA SAÍDA DE VÍA NA AUTOVÍA DO BARBANZA

Pasadas as dez e media da pasada noite un particular daba aviso a 112 Galicia reportando un accidente de tráfico na autovía AG 11, no viaduto sobre a Ría de Arousa, á altura da parroquia boirense de Cespón.

Ao parecer, o vehículo circulaba dirección Ribeira cando saiu da vía por motivos aínda descoñecidos e que se están a investigar, batendo contra a mediana de formigón.

Uns dos primeiros en chegar ao lugar foron os Bombeiros de Boiro, que colaboraron na asistencia ao ferido sen necesidade de cortar o tráfico nese tramo da autovía.

Salir de la versión móvil