O programa Aula nas Ondas de Radio Líder Noia xunto co concello chega por segundo ano á vila. Os alumnos dos centros noieses poderán entrevistar a unha persoa relevante da localidade en vivo e directo na emisora local.
Logo do éxito do ano pasado, desta vez haberá máis alumnos participantes, de centros educativos ordinarios e non ordinarios, con estudantes de terceiro de primaria a segundo de bacharelato.

