Deportes

A EFM CONCELLO DE BOIRO EMPATA NA CASA ANTE O SAN PEDRO

A EFM Concello de Boiro segue sumando puntos no seu gran arranque ligueiro. O domingo recibiron na casa ao Atlético San Pedro firmando un empate a un in extremis.

Os goles tardaron en chegar, xa que ata minuto 87 non se abriu o marcador, cun gol da visitante Helena Seijo. A reacción das locais non tardou en chegar, e no 92, en tempo de desconto e co Boiro volcado en ataque, Carla García puxo a 1 a 1 definitivo para reter na casa un punto moi valioso para as boirenses.

Con este empate sitúanse así terceiras por detrás de Orzán e do filial de As Celtas. Aínda non coñecen a derrota, sumando tres vitorias e dous empates. Para continuar coa boa xeira de resultados esta fin de semana desprazaranse ata Moaña para medirse ao Domaio, novenas clasificadas con seis puntos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.