A XUNTA apoia a modernización de empresas e a creación de emprego a través do programa GALICIA INVISTE

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de prorrogar, ata o 31 de marzo de 2017, o prazo para a presentación de proxectos empresariais, ao abeiro do programa Galicia Inviste, orientados á modernización e mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas galegas, así como para apoiar a xeración de emprego.

A través do Galicia Inviste, o Igape apoia proxectos de adquisición de maquinaria ou bens de equipo para ampliar a capacidade de produción, ou para promover a diversificación e cambios esenciais nos procesos produtivos das compañías en funcionamento. No proceso de avaliación para fixar a contía das axudas valorarase o interese ambiental dos proxectos, que conten con certificación ambiental, e obterán maior puntuación os impulsados por pequenas empresas.

https://www.youtube.com/watch?v=sGgSCL4dJb0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.