Os representantes dos catro gobernos municipais do territorio Barbanza Arousa solicitaron o apoio para unha iniciativa popular impulsada pola Plataforma en Defensa da Ría que busca protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras tradicionais.
O presidente da mancomunidade de municipios, o ribeirense Luis Perez Barral, acompañado dos seus homólogos José Carlos Vidal, da Pobra, Julián Bustelo, de Rianxo, e María Outeiral, membro do equipo de goberno de Boiro, pediron aos grupos do Parlamento galego que voten a favor da admisión a trámite da iniciativa.
Piden así que se integre un novo artigo na Lei de Pesca de Galicia que recoñeza a importancia do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola tradicional.

