Icono del sitio CanalBarbanza.com

DENDE O PASADO 12 DE OUTUBRO E ATA O 23 DE FEBREIRO ESTÁ PERMITIDO CAZAR XABARÍN SEN LÍMITES EN 40 COMARCAS, ENTRE AS CALES ESTÁ O BARBANZA

O xabarín xa pode cazarse sen límites. Os cazadores disporán ata o 23 de febreiro para perseguir ao animal nos montes galegos. Isto débese á declaración de emerxencia cinexética por parte da Xunta nunha medida que afecta a case o 85 por cento do territorio galego, onde se inclúe a comarca do Barbanza.

Os cazadores non perderon o tempo e dende o sábado xa se organizaron gran cantidade de batidas na busca de xabaríns. No caso de querer cazar un xabarín por danos nas colleitas, existe a posibilidade de chamar ao número 012 para que as autoridades avalíen os danos.

Salir de la versión móvil