Ribeira

A MAREA LARANXA VOLVE TINGUIR RIBEIRA

Máis de trescentas persoas acudiron no día de onte á andaina solidaria organizada pola Asociacón de Amas de Casa de Ribeira en favor de Agaprem, a Asociación Galicia de familias de nenos prematuros.

O percorrido constaba dunha saída dende o Malecón e pasou polo paseo marítimo de Coroso ata chegar á praia de Río Azor, onde os asistentes deron volta para rematar no lugar de inicio. Cunha recadación próxima aos 2.500 euros, dende Amas de Casa amósanse encantadas de achegar un grao de area a unha organización como Agaprem.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.