Deportes

O NOIA PORTUS APOSTOLI CAE NA CASA NO PRIMEIRO DA PRIMERA DIVISIÓN DE FUTBOL SALA

O Noia Portus Apostoli comeza a liga co pé esquerdo. A visita do Tudelano Ribera Navarra valeulles para levar os tres puntos de vila e deixar aos locais cun sabor de boca amargo.

Cinco meses pasaron dende o último partido de liga e o Noia volvía á competición na casa. Tal vez polos nervios de volver á rutina ou por facelo no Agustín Mourís, os primeiros compases do partido estiveron marcados pola espesura, onde ningún conxunto se fixo co control.

Co paso dos minutos o Portus Apostoli fíxose co balón e conseguiu ocasións nos pés de Power e Pirata, que non obtiveron premio, ao igual que as internadas tudelanas na área de Schutt. O 0 a 0 inicial continou no marcador ata ben pasada a segunda parte, pero os atacantes noieses non estiveron acertados.

A iso súmaselle o gran partido que firmou o meta do Ribera Navarra, Raúl Jiménez, encargado de neutralizar todas as chegadas do Noia, algo que desquiciou ao locais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.