As naves do Barrio dos Cataláns da Pobra do Caramiñal poderían ter os días contados. O proxecto de rexeneración dos Areos que está deseñando a Demarcación de Costas propón un derrubamento para recuperar esa zona de praia, unha opción que hai un ano o goberno non contamplaba ao querer manter as estruturas para transformalas en museos do mar.
Pola contra, dende o último pleno a corporación municipal cambiou de parecer e o executivo de Jose Carlos Vidal amósase partícipe a tirar estes inmobles. Unha medida mal vista dende a oposición, que a reclama como propia, acusando ao equipo de goberno de enganar aos veciños.