O CF Noia e o CD Boiro veranse as caras na Terceira RFEF seis anos despois. Un dos partidos con maior rivalidade do Barbanza volve á categoría de bronce cos dous equipos en situacións semellantes.
O Julio Mato, Matito acollerá este domingo o que será un choque igualado entre os dous representantes da comarca na liga. Ambos chegan con sete puntos, dúas vitorias, dúas derrotas e un empate. A principal diferencia, o Noia vén de perder na súa visita a Villalonga e o Boiro encadena dous triunfos consecutivos.
A pesar da igualada inicial, ambos conxuntos vense con posibilidades de levar a vitoria á casa, co punto positivo para o Noia polo factor de local.