Boiro

ATOPADO O CADÁVER DE FÉLIX TRIÑANES, O VECIÑO DE BOIRO DESAPARECIDO DENDE O PASADO LUNS

Logo de nove días de busca aparece o cadáver de Félix Triñanes, veciño de Boiro de 74 anos desaparecido o pasado luns.

Dende ese momento a Garda Civil de Boiro púxose aos mandos dun dispositivo de busca onde se contou coa participación de unidades de seguridade cidadá, equipos de submarinistas do Grupo Especial de Actividades Subacuáicas, o Grupo Cinolóxico de busca de persoas de Asturias e o helicóptero Cuco.

Despois de intensas xornadas de busca ininterrumpida por parte de autoridades e veciños, hoxe na parroquia de Leiro apareceu un corpo sen vida frotando na auga. Foi nunha zona próxima ao areal de Sartaxes, no núcleo de Abuín, na auga da desembocadura do río ulla.

Confirmando as primeiras hipóteses de que se trataba de Félix Triñanes, o recoñecemento do corpo confirma as malas novas. Para saber as causas do falecemento deberase esperar aos resultados da autopsia unha vez se traslade o cadáver a Santiago de Compostela. Remata así un arduo operativo de busca dun veciño boirense que saiu a pescar e non foi quen de volver á casa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.