O mundo da pesca non está a pasar o seu mellor momento. Unha parte dos problemas aos que se enfronta o sector están relacionados con normas impulsadas dende Bruxelas, por iso o cambio da Comisión Europea vese con esperanza entre os profesionais. A presidenta, Ursula von der Leyen, propuxo ao chipriota Costas Kadis como comisario de Pesca e Océanos, un candidato ben valorado polo sector.
O SECTOR PESQUEIRO DA COMARCA VE FAVORABLE O POSIBLE NOMEAMENTO DO CHIPRIOTA COSTAS KADIS COMO COMISARIO DE PESCA


