Icono del sitio CanalBarbanza.com

O FURACÁN KIRK CHEGARÁ A GALICIA O MÉRCORES

A costa galega prepárase para a chegada do furacán Kirk nos próximos días. Aínda que cunha previsión inicial de que chegaría o martes, parece ser que será finalmente o mércores cando chegue a Galicia.

Un dos sectores máis afectados é o do mar, que non poderá traballar polas condicións climatolóxicas. Na ría de Muros Noia parte dos barcos están xa amarrados e os mariñeiros preocupados, non só por non poder saír ao mar estes días, se non por cales serán as consecuencias da cantidade de auga que caerá.

Salir de la versión móvil