Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONSELLO DA XUNTA ACORDOU IMPULSAR O PRIMEIRO PLAN ESTRATÉXICO DA INDUSTRIA MUSICAL

Esta mañá o Goberno galego reuniuse nun novo Consello da Xunta no que se aprobaron diferentes cuestións. Unha das que destacou o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, foi a firma dun convenio coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) a través do cal a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe con 52.000 euros ao desenvolvemento de distintas iniciativas de promoción e análise do sector durante o bienio 2024-2025, entre as que destaca a elaboración do primeiro Plan estratéxico da industria musical de Galicia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil