A andaina Ribeira en Marcha contra o Cancro bota a andar coa intención de superar os 800 participantes. Será o día 26 de outubro e sairá dende o Malecón. A inscrición terá un valor de 5 euros para adultos e de 3 para nenos e nenas ata 12 anos.
O percorrido non está aínda definido. Dende a AECC destacan que o principal obxectivo deste evento é recadar fondos na loita contra esta enfermidade, polo que haberá un posto de merchandising no Malecón dende as once da mañá con diferentes actividades.