martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Feijóo destaca a consolidación da Tarxeta Benvida cunha achega inicial de 18 millóns en 2017 para incluír máis produtos e ampliar os beneficiarios

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a consolidación da Tarxeta Benvida, cunha achega inicial de 18 millóns en 2017 para incluír máis produtos e ampliar os beneficiarios.
Feijóo avanzou na rolda de prensa do Consello que ás máis de 12.600 familias que xa son usuarias desta tarxeta, estímase que se van sumar outras 15.000 no próximo ano. Ao que engadiu que ademais dun incremento cuantitativo, esta iniciativa contará tamén con importantes melloras, ampliando tanto os supostos que dan dereito á axuda, como os lugares e produtos incluídos no programa.

En relación á ampliación de supostos, o titular da Xunta incidiu en que ademais das familias que no ano 2017 teñan un fillo ou adopten un neno menor dun ano, tamén se poderán beneficiar da Tarxeta Benvida aquelas que estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno menor dun ano.
Así mesmo, explicou que tamén se aumentarán os lugares onde se pode utilizar a tarxeta, sumándose os establecementos de puericultura ou os especializados en artigos e produtos para a infancia ás farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación da convocatoria anterior.

https://www.youtube.com/watch?v=vcBi58Z4cGI

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.