Setembro rematou e déronse a coñecer a evolución do desemprego en Galicia, que neste mes rexistrou a máis baixa nun setembro de toda a serie histórica: 120.992 persoas. Ademais a comunidade rexistra 1.085.846 persoas afiliadas, o dato máis alto de setembro dende o 2008. Así o indicou esta mañá o conselleiro de Emprego, José González.
GALICIA REXISTROU A CIFRA MÁIS BAIXA DE PARO EN SETEMBRO DA SERIE HISTÓRICA


