O Concello da Pobra do Caramiñal ultima os detalles para unha nova edición do Xantar da Confraternidade, que se celebrará o vindeiro 25 de outubro no polideportivo municipal da rúa Venecia.
A cita pretende reunir aproximadamente a 750 comensais nunha xornada destinada aos maiores da comarca, e non só da Pobra. Dende o equipo de goberno salientan que o importante desta cita é estreitar lazos, socializar e degustar o menú, ao tempo que agradecen a labor dos corpos de seguridade e das empresas colaboradoras.




