O tempo da recollida de cogomelos achégase, ao igual que o da celebración dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas que impulsa anualmente o Concello da Pobra. Unha das actividades destacadas desta cita é o concurso fotográfico de micoloxía que nesta ocasión vivirá a súa oitava edición.

