Deportes

BOIRO E NOIA CUMPREN NOS SEUS COMPROMISOS NA CUARTA XORNADA DA TERCEIRA RFEF

O Boiro consegue a primeira vitoria da temporada contra a Sarriana. O 0 a 3 final demostrou a efectividade dos boirenses en ataque.

Con só sete minutos xogados, o Boiro xa iba por diante no marcador grazas ao gol de Alassane Sylla na saída dun córner. O resto da primeira parte estivo protagonizada pola presión dos locais, que non chegaron a incomodar a portería boirista.

Na segunda metade o Boiro sañiu ao campo disposto a aumentar a diferencia de goles, e tardou vinte minutos en conseguilo. No 65, e despois dunha rápida transición, Yago García anotou o segundo tanto visitante. Só catro minutos sentenciaron o encontro co segundo tanto de Sylla, que firmou o 0 a 3 definitivo.

Pola súa parte, o Noia non foi quen de superar ao Valladares e sumou un punto contra un dos seus rivais directos.

Os de Iván Carril xogaron un partido con momentos de bo xogo pero tamén con erros atrás que puideron valerlles a derrota.

O conxunto noiés comezou o partido sen ser dominador e repartindo as ocasións co Valladares. As ocasións repartíronse para ambos lados, tendo os locais varios erros atrás que puideron costar caros.

A segunda parte estivo marcada polo dominio do Noia, que non puido mover o marcador, rematando o partido 0 a 0. O máis destacado da segunda parte foi a expulsión de Axel a falta de 15 minutos para o final.

O Noia aséntase así na zona media da táboa e preto dos postos de promoción de ascenso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.