O mes de setembro encara o seu final e o Concello da Pobra desenvolveu o seu pleno ordinario correspondente a este mes. Nel tratáronse 11 puntos englobados na orde do día. O primeiro en tratarse foi a aprobación inicial da modificación do Regulamento Orgánico Municipal do Concello, ao que se deu luz verde con 7 votos a favor e 6 en contra do grupo popular. Logo afondouse na modificación que o Goberno propuxo da ordenanza fiscal n3 reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
A CORPORACIÓN DA POBRA APROBOU MODIFICAR O REGULAMENTO ORGÁNICO DO CONCELLO


