As rúas de Ribeira ateigaranse mañá de corredores que participen nunha nova edición da Carreira Popular Santa Uxía 10k. Que este ano ademais será o primeiro memorial Miguel Ruiz, ao que se quere honrar por impulsar esta cita e o deporte en xeral en Ribeira dende o departamento deportivo do concello.