O Boiro Estrea Novo Adestrador

Era o favorito da secretaría técnica e da directiva do Boiro para ocupar o banco de Barraña. Tras a destitución de Gelucho o domingo, o principal obxectivo era a contratación do técnico vigués Juan Carlos Andrés. As conversacións foron avanzando nos últimos días e na mañá de onte houbo fumata branca. O acordo é total e onte foi presentado oficialmente.
O presidente xa o anunciara que se precisaba un adestrador novo e que coñeza a categoría. O novo técnico reúne esas dúas premisas. Ten 37 anos e leva máis dunha década adestrando a equipos de Terceira División.
Os xogadores tamén coñeceron a última hora da tarde de onte ao novo preparador que chega coa intención de que o equipo repita unha tempada similar á do ano pasado na que os boiristas quedaron terceiros e xogaron a promoción de ascenso a Segunda B.

O novo técnico do conxunto boirista sentouse por primeira vez nun banco de Terceira con só 24 anos. Fíxoo dirixindo ao Gondomar. Tamén foi o responsable do cadro de persoal de Gran Peña , Lavercas e, nas últimas catro tempadas, foi o adestrador do Rápido de Bouzas Agora estaba sen equipo pero a principio de tempada soou para varios conxuntos, e en especial da provincia de Pontevedra.

http://youtu.be/thV5wLADI08

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.