A ESCOLA OFICIAL NAUTICO PESQUEIRA DE RIBEIRA INAUGURA A TERCEIRA XORNADA DE PESCA

O conselleiro do Mar Alfonso Villares desprazouse hoxe ata Ribeira para asistir á III Xornada de Pesca organizada pola Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía na Escola Oficial Nautico Pesqueira. No evento abordou asuntos de interese para o sector como o novo regulamento de control, os problemas de comercialización ou as oportunidades de financiamento a través do Fondo Europeo Marítimo para a Pesca e Acuicultura.

Dende alí o titular de Mar esixiu ao Estado maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros para reforzar as campañas da Xunta e do sector.

Salir de la versión móvil