O conselleiro do Mar visitou esta mañá as sedes das empresas conserveiras Jealsa e Congalsa, acompañado da deputada Rosa Quintana e da vicesecretaria de Desenvolvemento Sostible do PP Paloma Martín.
Villares apostou dende Jealsa por reverter o descenso no consumo de peixe. Para isto pide ao goberno central a rebaixa do IVE os produtos do mar ou a tramitación do decretoque regularía a seguridade alimentaria e a nutrición para o fomento dunha alimentación saudable e sostible nos centros educativos.