Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA UNHA NOVA LIÑA DE AXUDAS PEL DOTADA DE 2,6 MILLÓNS DE EUROS PARA AUTÓNOMOS CON MÁIS DE 5 ANOS DE ACTIVIDADE.

A Deputación anuncia a nova liña de axudas PEL para persoas autónomas con máis de cinco anos de actividade e residencia fiscal en municipios de menos de 10 mil habitantes.

Están deseñadas para cubrir parte das cotas das persoas autónomas que non dispoñan de bonificacións ou reducións nos pagos da Seguridade Social, que poderán solicitar un apoio mínimo de 1.200 euros e un máximo de 2.400.

Complementa así ao programa PEL-Autonómos, que este ano xa concedeu axudas por importe doutros 2.3 millóns de euros a máis de 1.100 profesionais da provincia.

O presidente da Deputación Valentín González Formoso destaca a importancia clave dos autónomos na economía e na creación de emprego en Galicia. Incidiu tamén en que as axudas vaian destinadas aos profesionais dos concellos menos poboados da provincia co obxectivo de favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural.

Co fin de reforzar o apoio ás empresas enmarcadas nos sectores estratéxicos emerxentes, priorízanse as iniciativas con actividades económicas nos sectores correspondentes a nivel estatal e europeo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.