Esta mañá deuse a coñecer o novo proxecto no que se somerxerá a Asociación Amicos, nesta ocasión acompañado tamén pola Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar) e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores. Trátase de LAB-MAR, laboratorio participativo para a prevención e valorización de lixo mariño. Os tres socios traballarán de forma conxunta ata o 2026 para protexer e conservar os ecosistemas mariños de Galicia e Andalucía.