Icono del sitio CanalBarbanza.com

PRIMEIRO ENCONTRO DE TRABALLO DA ALIANZA GALEGA POLO CLIMA PARA IMPULSAR A COOPERACIÓN PÚBLICO-PRIVADA ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO

A Xunta reuniu esta mañá na Coruña ás entidades adheridas á Alianza galega polo clima nun encontro de traballo para impulsar a cooperación público-privada. Nesta xuntanza buscábase analizar e deseñar estratexias que permitan acelerar a adopción de prácticas de sostibilidade ambiental de cara a acadar a neutralidade climática de Galicia. Neste I Foro técnico da Alianza galega polo clima, participou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Na súa intervención subliñou que é preciso un compromiso transversal para multiplicar o efecto as accións individuais.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil