Noia Portus Apostoli e Pescados Rubén Burela mediranse de novo na pretemporada. Os dous equipos galegos volverán verse as caras nesta precampaña e farano na vila lucense este xoves ás sete e media.
Os noieses atravesan a quinta semana de preparación buscando continuar a boa serie de resultados colleitados ata o momento. Despois da visita á vila portuguesa de Caxinas seguen contando os partidos por vitorias.
O anterior encontro fronte ao Burela xogouse o 7 de setembro e rematou cun 3-1 para o Portus Apostoli. Agora veranse as caras no feudo do equipo laranxa nun partido que promete ser difícil.
Con menos dun mes de marxe para o inicio da liga doméstica, o Noia ultima os preparativos para rematar a pretemporada coa vista posto no triangular que se desputará do 27 ao 29 de setembro no Agustín Mourís.