Muros

A Asociación Folclórica Ximiela De Louro Cruza O Charco

Logo de celebrar o pasado ano o 25 aniversario, a Asociación Folclórica Ximiela de Louro-Muros (A Coruña), cruza por primeira vez o Atlántico a conquista das Américas para participar entre o 6 e o 14 de outubro nas distintas celebracións do día da Hispanidade na cidade de Nova York.
Para a Asociación, é unha oportunidade única e irrepetible, , e ainda que Ximiela xa ten actuado en innumerables ocasións fora das nosas fronteiras, supón un premio ó traballo e o esforzo colectivo de tódolos membros da Asociación para poder participar neste evento de calado mundial, así coma poder actuar en distintas casas galegas e círculos españois da citada cidade norteamericana.
Para poder levar a cabo este propósito, dende a Asociación levan traballando durante todo este último ano, organizando distintas actividades, seráns, actuacións, e diversos eventos co fin de recaudar os fondos necesarios para poder viaxar a Estados Unidos, tendo sempre unha gran acollida e participación por parte do público.
A Asociación Folclórica Ximiela, leva traballando de forma exhaustiva pola difusión da nosa cultura tradicional, proba delo son xa os 25 anos de vida do grupo, que o pasado ano certificaron cunha gala especial, reunindo unha grandísimo numero de participante e espectadores, editando ademais un DVD da mesma, o cal foi un éxito rotundo. Así mesmo, a Asociación Folclórica Ximiela, editou en 2007 un CD en colaboración coa Fundación Paideia, e o libro “O traxe de Muros”, en colaboración coa Deputación de A Coruña. Neste último ano a Asociación Folclórica Ximiela, traballou no proxecto de facer un calendario con fotos dos membros do grupo nas distintas situacións cotians de cada mes, que está sendo un éxito de vendas pasando en poucos meses de máis de 1000 unidades.
Dende fai máis de 10 anos, a Asociación Folclórica Ximiela están dirixidas por Pablo Seoane, acadando numerosos premios e galardóns en distintos concursos e festivais, así como a participación nos mellores festivais, como neste pasado verán, cando a Banda de Gaitas “Ximiela” foi convidada a participar no prestixioso “Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira”.

http://youtu.be/hrm3ty_z-4M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.