As economías familiares comezan a ver como a inflación pouco a pouco vai diminuíndo. Con ela, baixan tamén os prezos e chegan os bos augurios para as carteiras.
O IPC de agosto situouse en Galicia no 2,3 por cento en términos interanuais, por debaixo da barreira do 3 por cento por primeira vez nun ano, dende agosto do 2023.
Os produtos do día a día, os da alimentación ou os carburantes son os que máis notan esta baixada. Pola contra, os que polo momento non parecen percibila son os consumidores. Algún, recén saídos dos comercios, afirman non notar cambio algún.

