Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS PARA POÑER EN MARCHA O PROGRAMA PEL ACTIVA

A Deputación da Coruña percibirá unha subvención de máis de 1 millón de euros procedente do Fondo Social Europeo Plus para a implementación dun ambicioso programa de formación destinado a mellorar a empregabilidade na provincia.

Amplíase así o PEL da Deputación cun programa de acompañamento para o emprego destinado a 18 municipios que terá un custo de case 2 millóns de euros.

O proxecto enmárcase dentro das políticas activas de emprego e deseñouse para ofrecer formación especializada en sectores con alta demanda de traballo. Ademais, centra gran parte do proxecto na inserción laboral vinculada aos coidados por ser este un sector crítico, especialmente no medio rural e nos municipios de reto demográfico.

A oferta diríxese preferentemente a colectivos con maiores dificultades para acceder laboral, persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, persoas con discapacidade e nacionais de terceiros países ou de orixe estranxeira.

O programa ten como obxectivo non só a mellora das competencias laborais dos participantes, senón tamén contribuír á dinamización do emprego na provincia.

A subvención permitirá cubrir o 60 por cento dos custos asociados á impartición dos cursos, garantindo que a formación sexa accesible e de calidade.

Espérase que esta iniciativa favoreza a inserción laboral dos colectivos máis vulnerables, contribuíndo a unha recuperación económica máis inclusiva e sostible.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.