O Cidade de Ribeira colleita un empate ante o CD Lalín. A Fieiteira viu como o seu equipo comezou co pé esquerdo, xa que ao minuto 20 os visitantes ían gañando por 0 a 2.
Soubéronse repoñer os ribeirense, que nos últimos intres do primeiro tempo recortaron distancias cun gol obra de Jose Antonio Aguado. Despois do descanso, e xa fora polas intruccións de Manuel Ángel Pena ou polas ansias de conseguir o empate, no minuto 57 conseguir poñer as táboas no marcador.
Despois disto, o resultado non se moveu máis, dándolle o primeiro punto do ano ao Cidade de Ribeira, que aínda así terá que esperar unha semana máis para poder coñecer a vitoria.