Icono del sitio CanalBarbanza.com

A PROPOSTA DA DXT PARA REDUCIR A TAXA DE ALCOHOL AO VOLANTE PROMETE TRAER COLA

A DXT pretende volver reducir a taxa de alcohol ao volante. Dos 0,25 miligramos na proba de aire quérese rebaixar ata os 0,10, unha medida que busca achegarse pouco a pouco ao 0 absoluto.

De feito esta cifra é a que recomenda Tráfico se se vai conducir, afirmando que realmente é a única segura.

Unha vez anunciada a proposta, a opinión pública non tardou en dividirse entre os que a apoian, afirmando que se debería prohibir totalmente o consumo de alcohol ao volante, e os que pensan que o límite actual está ben.

Salir de la versión móvil