A XUNTA ASUMIRÁ O 60% DA ACTUALIZACIÓN DO CANON DO VINDEIRO ANO DE SOGAMA

Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, a planta de transferencia de residuos de Sogama situada na Lama. Nese escenario o titular do Executivo autonómico reafirmou o seu compromiso de asumir o vindeiro ano o 60% da actualización do canon de Sogama aos 295 concellos adheridos ao seu modelo. Con isto o Goberno galego quere paliar o impacto nas súas contas provocado polos novos impostos e as bonificacións eliminadas.
13092024 07 XUNTA SOGAMA

Salir de la versión móvil