A fin de semana pasada arrancou a Terceira RFEF na que o Boiro e o Noia debutaron da forma menos desexada. As derrotas ante o Estradense e o Ourense non minguaron as gañas e a ilusión dos xogadores da comarca que teñen unha nova oportunidade para estrear o seu casilleiro de puntos.