O Consello de Ministro aprobou un acordo polo que se declara a reserva de dominio público marítimo-terrestre da illa de Sálvora, no municipio de Ribeira a favor do Organismo Autónomo Parques Nacionais. Sálvora era a única dos catro illotes do Parque das Illas Atlánticas que non estaba dentro do ámbito do organismo autónomo de parques nacionais e a súa titularidade recaía na Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar.
A declaración da illa de Sálvora como reserva permite que o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia -xestionado pola Xunta de Galicia- fortaleza as súas actuacións de conservación na illa e permitirá tamén abrir novas vías de financiamento para mellorar a súa contorna e promover e difundir o seu patrimonio terrestre e subacuático.
https://www.youtube.com/watch?v=VE79jk-ny6M