A veciñanza da Pobra poderá moverse ao ritmo de diferentes bailes grazas ao programa “Baila con Nós”, de Taller Alecrín. Setembro contará con dous obradoiros os días 20 e 27 que se desenvolverán no Colexio Salustiano Rey Eiros e nos que todas as persoas interesadas poderán aprender de balde novas modalidades de bailar.
O CONCELLO DA POBRA E O TALLER ALECRIN ÚNENSE PARA QUE A VECIÑANZA SE ANIME A BAILAR


