Unha temporada máis, e xa van tres, a comarca terá representación na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa Feminina. Se nos dous últimos anos foi o Noia o que defendía o seu posto nesta competición, agora é a quenda do Escola de Fútbol Municipal Concello de Boiro que logo dunha campaña moi destacada pechou a súa promoción á máxima categoría do fútbol galego.