Feijóo destaca o incremento dun 47% dos orzamentos para seguir potenciando a transformación e comercialización dos produtos agrogandeiros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe o incremento dun 47% dos orzamentos para seguir potenciando a transformación e comercialización dos produtos agrogandeiros. “Seguiremos apoiando todos aqueles proxectos que contribúan a modernizar e fortalecer o sector”, aseverou, precisando que en 2017 se incrementará, ademais, un 35% as partidas destinadas á promoción.

Durante o acto de entrega dos Premios Pyme Carrefour de Galicia, Feijóo subliñou que os produtos galegos son cada vez máis competitivos nos mercados internacionais e lembrou que, hoxe, a Marca Galicia constitúe todo un sinónimo de calidade e distinción.
Nesta liña, referiuse á Queixaría Hoxe como un referente do camiño que se debe seguir no eido do lácteo. Non en van, creada hai xa máis de catro décadas por gandeiros e agricultores que decidiron unir esforzos para comercializar de xeito conxunto a produción de leite, na actualidade, esta cooperativa dedícase en exclusiva á fabricación de queixos, cunha facturación de máis de 6 millóns de euros.

https://www.youtube.com/watch?v=vBYKEpeUQ_M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.