AGADEA CELEBRA O MES DO ALZHEIMER CUN BINGO NA PRAZA DE ESPAÑA DE RIBEIRA

Co gallo do mes do alzheimer, a asociación Agadea celebrou hoxe en Ribeira un evento no que participaron diferentes asociacións do tecido social da vila.

Un bingo, bolos, música ou manualidades foron os xogos que incluía o evento, no que participaron preto de 70 persoas.

Dende Agadea sinalan a importancia deste tipo de actividades para os usuarios das diferentes asociacións, ao tempo que lamentan non poder celebrar en Ribeira a tradicional andaina.

Salir de la versión móvil