27 nenos do CEIP DE ARTES visitan a casa do concello e o CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS

Un total de 27 nenos e nenas do colexio de Artes visitaron esta mañá a Casa Consistorial e o Centro Cultural Lustres Rivas dentro da iniciativa municipal «Coñece o teu contorno próximo» que, promovida pola Concellería de Educación e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística de Riveira, ten como fin familiarizar aos máis pequenos co día a día da administración máis próxima aos cidadáns.

Os cativos tiveron oportunidade de coñecer distintas dependencias do Consistorio como a nova Oficina Atención Cidadá ou departamentos como o de Urbanismo e Novas Tecnoloxías. Ademais, foron recibidos no salón de plenos polo segundo tenente de alcalde, Emilio Pérez, quen se someteu as moitas preguntas formuladas polos nenos sobre o funcionamento do Concello. Alí recibiron tamén unhas lambetadas.

A continuación os alumnos acudiron ao Centro Cultural Lustres Rivas para visitar tanto

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.