Case 150 persoas actuaron na igrexa de SANTA UXÍA nun concerto da orquestra GAOS e do coro universitario de SEVILLA

A Igrexa Parroquial de Santa Uxía acolleu o sábado un espectacular concerto a cargo da orquestra e coro GAOS e do Coro Universitario de Sevilla que está incardinado na programación de Nadal.

Actuaron preto de 150 persoas nun espectáculo en directo que tivo unha duración de 90 minutos e levou por título “Brujas, magia y fantasía”.

O programa incluiu pezas tan fermosas como “A primeira noite de Walpurgis” de Mendelsshohn e unha selección de panxoliñas arranxados por Albert Ginovart e Hugo Paradela.

https://www.youtube.com/watch?v=_6OP7dLVGD4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.